A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar o mantemento e conservación integral das 73 áres de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade de Lugo, á mercantil Lappsett España VR S.L. por 67.200 euros para a primeira anualidade.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns unha nova iniciativa gastronómica do Concello para as datas do Nadal, GastroNadal.
A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este xoves no Salón de Comisións a nova programación de cursos de alfabetización tecnolóxica E-Nadal, que se desenvolverá durante este Nadal nas aulas CEMIT de María Balteira e O Castiñeiro.
O Concello de Lugo vén de acadar, nos premios europeos de accesibilidade -Access City Award-, a mención especial por Smart city, polo seu compromiso cunha cidade accesible para toda a cidadanía sen tomar a consideración a idade.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer este martes un “gran paso en materia de modernización para o corpo da Policía Local”.
O Voceiro municipal, Miguel Fernández, participou este venres na presentación duna novidosa terapia con cabalos nas instalacións da Fundación Rof Codina para paliar certas enfermidades nas que os pacientes obteñen unha melloría considerable.
O Concello de Lugo será recoñecido esta tarde, na XX Edición dos Premios Ciudadanos, polo seu compromiso coas cidades intelixentes e polo propio proxecto Lugo Smart City, unha iniciativa de 4,1 millóns de euros para convertir a Lugo nunha cidade intelixente e sostible, de cara a
O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou este mércores de que a Xunta de Goberno aprobou sacar a contratación o seguro de actividades para as persoas participantes nas actividades organizadas pola área de benestar social do Concello.
Mellorar o entorno e as potencialidades da Praza de Abastos e dinamizar o centro da cidade. Con este obxectivo ábrese o acceso peonil subterráneo entre o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos, recentemente modernizada.
O Concello de Lugo mellorará as condicións de traballo do persoal que desenvolve as súas funcións na Policía Local, no cemiterio municipal de San Froilán e nas escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »