A Fundación Rof Codina presenta unha nova terapia con cabalos pala paliar certas enfermidades

Miguel Fernández participou na presentación desta novidosa terapia na que os pacientes obteñen unha melloría considerable

Venres, 25 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Fundación Rof Codina presenta unha nova terapia con cabalos pala paliar certas enfermidades

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, participou este venres na presentación duna novidosa terapia con cabalos nas instalacións da Fundación Rof Codina para paliar certas enfermidades nas que os pacientes obteñen unha melloría considerable.

Fernández resaltou a importancia deste tipo de terapias, agradecendo o traballo feito pola Fundación Rof Codina, máis tendo en conta a estreita colaboración que mantén coas distintas Asociacións como Adace, Anade, Aspnais, Capaces Lugo, Cogami, Down Lugo e Raiolas.

En palabras do edil, o Concello de Lugo sempre se amosa disposto a participar neste tipo de iniciativas encamiñadas a colaborar con todas as institucións, Fundacións e colectivos sociais da nosa cidade, para que poidan desenvolver os seus proxectos socioculturais.

Noticias relacionadas