Aberto o acceso peonil que comunica o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos, “o que fará máis factibles as compras neste espazo”

A Alcaldesa, acompañada da Concelleira de Economía e o voceiro municipal, así como membros da Corporación e representantes do tecido social e económico do municipio, achegáronse hoxe ata este pasadizo, de 19 metros de lonxitude

O acceso peonil, que posibilitará a dinamización das instalacións municipais e do centro da cidade, pódese empregar dende hoxe mesmo. Terá o mesmo horario que a Praza, de 07:00 a 20:00 horas, de xeito ininterrompido

Luns, 21 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberto o acceso peonil que comunica o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos , “o que fará máis factibles as compras neste espazo”

Mellorar o entorno e as potencialidades da Praza de Abastos e dinamizar o centro da cidade. Con este obxectivo ábrese o acceso peonil subterráneo entre o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos, recentemente modernizada. Así o quixo deixar claro a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no día da apertura deste pasadizo, que contribuirá a potenciar as compras, tanto no mercado como na praza, xá que permite aos veciños e veciñas aparcar en Santo Domingo e achegarase á praza de xeito máis rápido e cómodo, ao ser un pasadizo cuberto. Faise real ademais unha demanda tanto dos traballadores como dos usuarios e usuarias.  Ao acto tamén asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e representantes de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, ademais de membros da Federación Galega de Comercio, Asociación de Autónomas, Mulleres Empresarias, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, Empresarios da Construcción, Lugo Monumental, a Confederación de Empresarios de Lugo, a Federación de Asociacións de Veciños, UNAVE e o arquitecto director da obra, Óscar Alba.
 
“Sempre falamos de que as persoas teñen que estar no centro de todas as políticas e así estamos a traballar dende o Concello e así traballou o Goberno anterior, pois esta actuación e a conclusión e o complmento das obras iniciadas anos atrás”, asegurou Méndez, quen lembrou que o Goberno prioriza o humanismo, recuperando espazos para e por as persoas, como a apertura deste pasadizo, cuxo importe en proxecto era de 124.300 euros, á marxe das excavacións previas e restauración.
 
Este acceso, que terá o mesmo horario que a praza, de 07:00 a 20:00 horas de xeito ininterrompido, serve tamén para poñer en valor in situ os restos da calzada romana que se atoparon, dignificando e abrindo o patrimonio local. Para facilitar a entrada de luz abríronse uns lucernarios que dan á rúa, o que posibilita ver os restos dende a Praza de Santo Domingo.
 
Ademais, esta actuación é un paso máis na execución dos fondos URBAN, que iniciou o Goberno anterior, “tan importantes para o desenvolvemento da cidade, que puxeron en valor a zona intramurallas, o ámbito de actuación do URBAN”.

Ademais dun espazo máis moderno, a partir de hoxe os e as lucenses teñen un motivo máis para achegarse á Praza de Abastos, a comunicación con este vial, cuxa luz natural, os troncos de bidueiros e os restos que podemos contemplar in situ, apórtanlle atractivo á Praza.

O Goberno cree que esta modernización da Praza suporá un motor comercial para a cidade, cun edificio renovado pero coa esencia dun mercado tradicional, de comerciantes locais e con produtos de calidade. Nesta liña, o Goberno busca convertela nun espazo de vangarda, que lle aporte un valor engadido á cidade e que mellore tanto o posicionamento dos seus negocios como o desenvolvemento da economía local.

A Praza de Abastos, espazo de vangarda

A Praza de Abastos de Lugo foi reformada recentemente, tanto no seu exterior -400.000 euros no cambio da cuberta do edificio e o acondicionamento exterior- como no seu interior –un millón de euros (financiados nun 80% pola Unión  Europea, a través do Plan Urban) en melloras de ampliación das zonas de tránsito (por exemplo abrindo ocos e liberando o espazo central do 1º andar), accesibilidade ou iluminación. Falta por acometer as obras da 3ª fase da Praza de Abastos, cuxo proxecto xa está redactado á espera dos trámites técnicos necesarios para desenvolvelo. O proxecto desta terceira fase non se podía completar sen estar practicamente rematadas as obras da 2ª fase, pois podían condicionar o plan de obra de dita última fase.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a inauguración do acceso peonil|Descargar mp3

Multimedia

  • Aberto o acceso peonil que comunica o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos , “o que fará máis factibles as compras neste espazo”
  • Aberto o acceso peonil que comunica o aparcadoiro de Santo Domingo e a Praza de Abastos , “o que fará máis factibles as compras neste espazo”

Noticias relacionadas