Inaugurada a 11ª edición del Salón Internacional do Cabalo, que patrocinan Ayuntamiento y Diputación

A Alcaldesa e o Deputado provincial de Relacións Institucionais participaron no acto oficial de apertura de Equigal 2018, que ofrecerá esta fin de semana e a seguinte actividades deportivas relacionadas co mundo co cabalo. A recadación destinarase a FUDACE

Lara Méndez destacou o impacto económico que ten o certame na cidade, a súa  consolidación e renovación continua e a súa capacidade para promocionar os atractivos de Lugo

Viernes, 18 de mayo de 2018
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Inaugurada a 11ª edición do Salón Internacional do Cabalo, que patrocinan Concello e Deputación

O Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto ao presidente da Fundación de Dano Cerebral, Luís Abelleira Mayor, e o xerente do Pazo de Feiras e Exposicións, Rubén López, entre outras autoridades, inauguraron este venres a 11ª edición de Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos entre esta fin de semana e a que vén. A recadación destinarase, por segundo ano consecutivo, a FUDACE.

Concello e Deputación son os principais patrocinadores deste evento que atraerá á capital luguesa a milleiros de afeccionados ao mundo cabalar, como destacaron Méndez e Santos Ramos. A celebración deste evento recibe un importante respaldo da Deputación, que achega 40.000 euros para a súa celebración, mentres que o Concello de Lugo colabora nos aspectos organizativos do evento. Entre os actos programados figura a terceira edición do Concurso Nacional de Salto Cidade de Lugo. Tamén haberá un Concurso de Cabalo Árabe e o XI Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de PuraRaza Española, que será puntuable para o Campionato de España  ANCCE.

A rexedora destacou “a relevancia do evento para a cidade de Lugo, pois na pasada edición foron máis de 10.000 persoas as que participaron no Salón do Internacional do Cabalo, coa consecuente repercusión económica que isto supón tanto para o sector servizos, como para o conxunto dos lucenses”. Méndez destacou que se trata dun certame consolidado que contribúe á promoción da riqueza patrimonial da cidade, e que destaca polo empeño dos organizadores por elevar en cada nova edición o nivel da anterior, “pois este ano contaremos con importantes novidades como o Concurso de Raza Árabe”.
Pola súa banda, Santos Ramos lembrou que “este ano fusionamos Equigal e Equiocio, para darlle unha maior visibilidade á cita, que fará da provincia de Lugo a capital do mundo ecuestre nestas dúas fins de semana, posto que se agardan milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do noroeste peninsular”.

O principal evento da programación de Equigal é o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, no que se darán cita máis de 100 cabalos das mellores ganderías, tanto do territorio galego coma do resto de España. Para seleccionar os exemplares, levarase a cabo un estudo da morfofuncionalidade dos exemplares. Por unha parte, clasificaranse os participantes segundo a calidade racial (fidelidade ao prototipo racial definido) e os aires naturais que presenta; e por outra, valoraranse as aptitudes de cada exemplar en canto á monta e a doma, de acordo a uns exercicios básicos e os seus respectivos movementos.

Concursos e actividades de lecer
Os días 18,19 e 20 de maio terán lugar os concursos de salto. Por unha banda, o Concurso de Salto Nacional ( CSN**) Cidade de Lugo de 2 estrelas. E por outro, o CSN de  Ponis. Os días 24, 25, 26 e 27 terá lugar o XI Salón do Cabalo de Galicia, no que se realizarán os concursos de Pura Raza Española (PRE) e o último día, o domingo 27, será o Concurso de Pura Raza Árabe (PRA).

Ademais, realizaranse diferentes actividades de animación durante todo o evento, da man de Carrousel Espectáculo Amazonas. A entrada terá un prezo de 3 euros e os menores de 16 anos non terán que pagar. O importe recadado será doado á Fundación de Dano Celebral (FUDACE).

En  Equigal 2018 haberá unha zona de exposición e venda, que estará formada polas ganderías participantes nos concursos morfológicos e unha zona de cafetería con servizo ininterrompido desde a apertura do salón ata o seu peche.

Tamén haberá unha zona de lecer infantil, Poni Club, na que se ofertarán diferentes actividades relacionadas co mundo do cabalo enfocadas aos máis pequenos e sempre supervisadas por monitores. Trátase dunha ocasión especial para que se poidan iniciar na arte da equitación e para que tomen contacto, moitos deles por primeira vez, cun animal caracterizado pola súa nobreza e  mansedumbre.

Un salón consolidado
Equigal naceu no ano 2008 e dende entón logrou consolidarse coma o Salón Ecuestre de referencia no noroeste de España e un evento xerador de recursos económicos e de emprego. A organización estima que o retorno económico é de 13 euros por cada euro invertido polas institucións colaboradoras: Deputación e Concello de Lugo.

O certame conta coa colaboración da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), que goza dun gran prestixio a nivel nacional e internacional, avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América.

Noticias relacionadas