El Ayuntamiento acuerda con Xunta y Diputación que la Policía Local pueda intervenir en varios aparcamientos de ambas administraciones

A través de este acuerdo los agentes podrán actuar en caso de necesidad en todas las dotaciones del ente provincial y en los aparcamientos que el Gobierno autonómico posee en los centros de secundaria de Ramón Ferreiro.

“Tras lo concertado, el Gobierno autonómico ya no tiene excusa para no poner de inmediato a disposición de la ciudadanía los aparcamientos de los institutos”, señaló Miguel Fernández.

“Nos gustaría que hoy se pudiera avanzar también en el convenio para actuar en el aparcamiento del CIS o del Hula, pero los representantes autonómicos prefieren tramitarlo de forma independiente. Los instamos a avanzar en este asunto”, apuntó el regidor.

Viernes, 25 de abril de 2025
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El Ayuntamiento acuerda con Xunta y Diputación que la Policía Local pueda intervenir en varios aparcamientos de ambas administraciones

Esta mañá celebrouse no salón de plenos da Casa do Concello unha Reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade na que se acordou  a inminente colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo, para o exercicio de determinadas accións en materia de tráfico e seguridade viaria en vías urbanas que non son da titularidade municipal.

Deste xeito, tras o pactado na reunión de traballo interadministrativa a Policía Local poderá levar a cabo determinadas intervencións encamiñadas a garantir a seguridade e o correcto funcionamento do tráfico en dotacións que son de titularidade autonómica ou provincial.  Así, os axentes poderán actuar con totais garantías en todos os aparcamentos do municipio que dependen da Deputación provincial, como o habilitado no Fogar de Santa María ou o de propio palacio de San Marcos, e tamén nos aparcamentos que o Goberno autonómico posúe nos centros de secundaria de Ramón Ferreiro.

“Estamos realmente satisfeitos. Este concerto  permítenos avanzar no constante traballo que desde o Goberno local levamos a cabo para mellorar a seguridade cidadá á vez que melloramos a eficiencia policial. O acordo tomado hoxe, que se materializará formalmente unha vez cumprimentado o proceso administrativo, é o resultado dun enorme traballo colaborativo levado a cabo tanto a nivel técnico como político entre as catro administracións implicadas”, destacou o alcalde de Lugo, Miguel Fernández.

“Tras o pactado o xunta de traballo de hoxe, o Goberno autonómico xa non ten escusa para non poñer de inmediato ao dispor da cidadanía os aparcamentos dos institutos como levamos anos demandado xa que xa os termos sobre os que se asinará o convenio de forma inminente están pechados”, proseguiu o rexedor.

“Gustaríanos que hoxe se puidese acordar tamén o convenio para actuar no aparcamento do CIS ou o Hula, pero os representantes autonómicos prefieren gestionarlo de forma independente, polo que será necesario regresar para asinar outro novo convenio para esta zonas non canto antes. Instámoslles a avanzar neste asunto coa présa necesaria para que se poida materilizar nun curto espazo temporal”, apuntou o rexedor.

Ambos os convenios terán unha duración de catro anos unha vez materilizados. Con todo, calquera momento antes da finalización prevista, as partes poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período adicional de ata catro anos.

Multimedia

  • El Ayuntamiento acuerda con Xunta y Diputación que la Policía Local pueda intervenir en varios aparcamientos de ambas administraciones

Noticias relacionadas