Cristina López participa en el XX Encuentro Iberoamericano de Valoración y Gestión de Cementerios Patrimoniales

Máis de 150 países están presentes no evento

Tres palestras difundirán o traballo realizado no Cemiterio Municipal

Jueves, 14 de noviembre de 2019
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Cristina López participa no XX Encontro Iberoamericano de Valoración e Xestión Cemiterios Patrimoniais

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, representa ao Concello de Lugo no XX Encontro Iberoamericano de Valoración e Xestión Cemiterios Profesionais, que está a celebrarse en Málaga baixo o título “Os cemiterios como recurso cultural, turístico e educativo”. O obxectivo deste encontro é crear un espazo de discusión e reflexión en torno á dinamización cultural dos cemiterios e á súa proxección como espazos de uso turístico, cultural e educativo.

Máis de 150 poñentes conflúen neste evento para achegar as súas aportacións sobre historia, iconografía, arte, arquitectura, experiencias de difusión e xestión, etc. O Cemiterio Municipal estará presente a través de tres intervencións:

  •  A Xestión no Cemiterio de San Froilán, a cargo de Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza.
  • Recuperando a memoria do Cemiterio Xeral de Lugo,  por Ana Goy.
  • O Rexurdir da vida dos Cemiterios: A celebración da Vida no Cemiterio de San Froilán, a cargo de Amparo Rubinos.

A participación neste evento, de calado internacional, contribúe á proxección do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se está a converter nun dos cemiterios máis emblemáticos do estado.

Noticias relacionadas