Cristina López: "el Cemiterio Municipal cuenta con distintas opciones de accesibilidad para las personas con movilidad reducida"

La edil de Participación recordó que las instalaciones cuentan con sillas de ruedas "dado el tamaño del Cemiterio, para facilitar la movilidad".

López: "seguimos trabajando para mejorar el Cemiterio de Lugo y garantizar que todas las personas que visitan este lugar lo hagan de la mejor manera posible".

Martes, 04 de junio de 2024
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Cristina López: "el Cemiterio Municipal cuenta con distintas opciones de accesibilidad para las personas con movilidad reducida"

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o Cemiterio Municipal conta con distintas solucións de mobilidade para as persoas con mobilidade reducida. López afirmou que, xunto con distintos accesos adaptados, o Cemiteiro conta cunha serie de cadeiras de rodas "para facilitar a mobilidade ás persoas que non poden camiñar longas distancias". As persoas interesadas en utilizar as cadeiras de rodas do Cemiterio Municipal, só terán que solicitalas ao persoal á entrada nas instalacións, e devolvelas á saída da súa visita.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, afirmou que "seguimos a traballar para garantir a accesibilidade de todas as persoas que visiten o Cemiterio Municipal, tanto para visitar aos seus familiares como para achegarse ás distintas actividades ou ao espazo expositivo Memoria Viva do Cemiterio Municipal". Cristina López afirmou que "a exposición é unha clara aposta pola recuperación da memoria histórica da cidade a través dunha mirada que visibilice as prácticas funerarias, desde a época romana ata a actualidade", e engadiu "supón tamén recuperar a imaxe do antigo Cemiterio Xeral de Magoi, cuxa clausura e derribo supuxo unha lagoa importante na memoria colectiva".

O Goberno de Lugo continúa a facer importantes esforzos para a mellora do Cemiterio, como a renovación da porta automática no acceso lateral, comunicando coa zona nova do Cemiterio, onde nos últimos anos se realizou unha ampliación para garantir a dispoñibilidade de espazo.

Con esta mellora, a Tenencia de Alcaldía continúa a mellora das instalacións do Cemiterio Municipal. A edil de Participación, Cristina Lopez animou a toda a veciñanza a visitar o Cemiterio de San Froilán, e a desfrutar "das distintas actividades que se organizan desde o Goberno de Lugo, como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo".

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a accesibilidade no Cemiterio | Descargar mp3

Noticias relacionadas