
Controles integrales de seguridad vial
No día de onte, 13 de xullo, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, establecéronse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co obxectivo de controlar a velocidade, a realización de probas de alcoholemia e drogas e o recoñecemento da documentación de condutores así como o estado dos vehículos, co seguinte balance:
DELITOS CONTRA LA SEGURIDAD VIAL
Detéctase na Rolda das Fontiñas un vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
Na rúa Dinán, dáse o alto a un vehículo que ao identificar ao seu condutor, de 83 anos de idade, compróbase a través das bases de datos policiais que CARECE do permiso de condución por perda de vixencia ao perder todos os puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS
Así mesmo detectáronse TRES CONDUTORES que arroxaron unha taxa de alcol superior á establecida.
O primeiro condutor arroxou un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l, o segundo condutor arroxou un resultado POSITIVO de 0,62 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos e o terceiro condutor arroxou unha taxa de alcol de 0,31 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
CONTROLES DE VELOCIDAD
Así mesmo establecéronse diversos controis de velocidade, co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando un total de 1.325 vehículos, co resultado de 39 condutores denunciados por circular pasando o límite máximo establecido para a vía que é de 50 km/h.
A velocidade máxima detectada foi de 112 km/h, o que supón para o condutor unha sanción de 600 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
Dos 39 condutores denunciados, 9 deles excederon a velocidade de 80 km/h en vías limitadas a 50 km/h., e 19 infraccións levan consigo a retirada de puntos, sendo o total de puntos retirados: 52.