A zona de xogos infantís de Campo Castelo permanecerá pechada varios días para renovar o seu perímetro

Os traballos inclúense dentro dentro do proxecto de contrucción do novo ecoparque e aportarán unha continuidade estética ao conxunto da praza.

Ambas instalacións quedarán a disposición da veciñanza nos próximos días, segundo sinalaron os responsables municipais do proxecto.

Venres, 15 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A zona de xogos infantís de Campo Castelo permanecerá pechada varios días para renovar o seu perímetro

A zona de xogos infantís de Campo Castelo situada nas inmediacións do ecoparque que se está a culminar nesta praza será pechada desde esta tarde de forma temporal co obxectivo de acometer os traballos de mellora previstos dentro do proxecto de trasformación da contona. Deste xeito, o cerramento actual será modificado para que sexa moito menos invasivo adoptando unha configuración de murete revestido en madeira, que exercerá de banco para favorecer a socialización. Así mesmo, esta modificación aportará unha continuidade estética ao conxunto da praza posto que vai na liña dos traballos que se están a rematar na zona do novo ecoparque. Ambas instalacións quedarán a disposición da veciñanza de forma inminente, segundo sinalaron os responsables do proxecto. O investimento municipal na amplaición renovaciuón destas zonas infantís  con materiais de orixe reciclada superou os 312.000 euros.

Noticias relacionadas