Xosé Cid álzase co XX Premio de Narración Curta Ánxel Fole

Carmen Conde, Lois Pérez e Manuel Bragado formaron o xurado profesional, que decidiu este venres outorgar o premio á obra Tres pintores. Recibirá un premio de 4.000 euros e publicarase a narración

Venres, 06 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xosé Cid álzase co XX Premio de Narración Curta Ánxel Fole

O xurado profesional do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu este venres outorgar o premio a Xosé Cid, residente en Vigo, pola obra Tres pintores.

Os membros do xurado reuníronse esta tarde no Salón de Comisións baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto pola filóloga, escritora e guionista Carmen Conde, o mestre, dramaturgo, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez, e o ensaísta, crítico e editor, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.

Noticias relacionadas