Vacacións en paz en Lugo para 9 nenos e nenas saharauis

Ana Abelleira deulle a benvida aos cativos e cativas que estarán na cidade ata o vindeiro mes de setembro, unha acollida solidaria que se mantén no muncipio un ano máis grazas á colaboración do Concello, que achega 7.000 euros

Venres, 13 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Vacacións en paz en Lugo para 9 nenos e nenas saharauis

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inlusión, Ana Abelleira, recibiu este venres, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, aos nenos e nenas dos campos de refuxiados de Tinduf, que estarán de vacacións en Lugo ata o vindeiro mes de setembro, unha acollida solidaria que se mantén no municipio un ano máis.

O Concello colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharuai cunha achega económica de 7.000 euros para levar a cabo o programa Vacacións en Paz, que neste 2018 permite que un total de 325 cativos e cativas pasen o verán en Galicia, 9 na cidade de Lugo: 5 nenas e 4 nenos; o que lles proporciona aos máis pequenos gozar tanto dunha boa alimentación como de asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos nesta época, máis de 50 grados.

No acto, ao que tamén asistiu a Delegada en Lugo deste colectivo, Manuela Pacín, a edil deulles a benvida aos cativos e cativas, cun recoñecemento especial para os nenos e nenas que veñen repetindo no programa; así como ás familias de acollida, pola súa xenerosidade, fundamental no proxecto, co que o Concello leva volcado moitos anos; e coa asociación, polo seu labor para continuar con Vacaciones en Paz, un proxecto difícil de custear.

Ao remate do acto, Ana Abelleira entregoulle uns agasallos aos cativos e cativas como mostra de cariño, material escolar, unha mochila e unha camiseta.

Audio

  • Ana Abelleira, sobre os nenos e nenas saharauis | Descargar mp3

Noticias relacionadas