Sociedades, empresas e organismos públicos deberán desde hoxe tramitar os procedementos administrativos no Concello de Lugo vía sede electrónica

A alcaldesa lucense, Lara Méndez, avanza este novo paso na modernización da administración local e na implantación da E-Administración
 
A sede electrónica (www.lugo.gal) adiantou os prazos para a súa posta en marcha en plena pandemia para poder axilizar a solicitude do Plan Reanima de axudas directas
 
Para acceder a estos servicios, deberá dispoñerse dun sistema de autentificación como certificado electrónico ou DNI electrónico

Mércores, 01 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Sociedades, empresas e organismos públicos deberán desde hoxe tramitar os procedementos administrativos no Concello de Lugo vía sede electrónica

No proceso de modernización da administración local do Concello de Lugo e de implantación da E-Administración iniciado polo executivo de Lara Méndez da un novo paso xa que desde hoxe será obrigatorio para sociedades, empresas e organismos públicos realizar a tramitación dos procedementos administrativos a través da Sede Electrónica, posta en marcha durante a pandemia, acelerando os prazos previstos, co fin de axilizar a xestión da axudas do Plan Reanima para emprendedores, pemes, autónomos e familias.

Con este avance, todos os procedementos que ata o de agora son presenciais deberán facerse vía sede electrónica (www.lugo.gal), o que permitirá aforrar tempo ao evitar ter que desprazarse ata as dependencias municipais e unha maior seguridade, “ademais de permitir manter as medidas de seguridade e de protección da saúde nestes novos tempos provocados polo COVID-19”, sostén a rexedora Lara Méndez.

Desde a posta en marcha da sede electrónica, no mes de abril, se abriu un período transitorio de adaptación, e desde hoxe será xa obrigatorio. Segundo a Lei do Procedemento Administrativo Común, deberán relacionarse co concello a través de medios electrónicos as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria e quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónicamente coa Administración, así como os empregados das Administracións Públicas para realizar trámites e actuacións na súa condición de empregado público.

Ademais, desde o Concello de Lugo se lembra que para acceder a sede electrónica deberá dispoñerse dun sistema de autentificación como certificado electrónico ou DNI electrónico.

En concreto poden solicitar o certificado de representante das persoas xurídicas, entre outras:  as sociedades que teñan como administrador único a outra sociedade, as sociedades anónimas e limitadas; as sociedades colectivas,  comanditarias, cooperativas; as asociacións, fundacións, partidos políticos, sindicatos, asociacións de consumidores e usuarios, organizacións empresariais, federacións deportivas; organismos públicos, congregacións e institucións relixiosas; Gobernos das CC. AA, Concellos ou deputacións; e sociedades agraria en transformación, agrupación de interese económico, agrupación europea de interese económico.

O Concello de Lugo segue traballando na implantación da E-Administración a través do proxecto Lugo Smart City, enmarcado dentro a II Convocatoria de Cidades Intelixentes, que foi presentado pola alcaldesa na II Convocatoria de Cidades Intelixentes e que supuxo acadar un investimento de 4,1 millóns de fondos europeos para este fin.

Deste orzamento, o Ministerio achega o 60%, uns 2,5 millóns, a través de Red.es, coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o Concello de Lugo o resto, máis de 1,6 millóns de euros.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Sede Electrónica | Descargar mp3

Noticias relacionadas