Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

Arroxo puido coñecer de primeira man as necesidades da asociación.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou Rubén Arroxo.

Mércores, 24 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.

O Tenente de Alcaldesa e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.

Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. "Traballamos para seguir mellorando a cidade”, afirmou o Tenente de Alcaldesa, que engadiu “desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.

Multimedia

  • Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

Noticias relacionadas