Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

Arroxo puido coñecer de primeira man as necesidades da asociación.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou Rubén Arroxo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Economía,
    • Igualdade
Mércores, 24 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo reúnese con representantes da asociación de mulleres empresarias

O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.

O Tenente de Alcaldesa e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.

Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. "Traballamos para seguir mellorando a cidade”, afirmou o Tenente de Alcaldesa, que engadiu “desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-reunese-con-representantes-da-asociacion-de-mulleres-empresarias