Rubén Arroxo: “en poucos días comezará o asfaltado do treito final da avenida das Américas”

A Tenencia de Alcaldía avanza na mellora dos espazos públicos de todas as zonas de Lugo, garantindo o benestar da veciñanza".

O Goberno de Lugo investirá 84.322€ na renovación do treito entre a rúa Pomar e a Fonte dos Ranchos, completando a renovación integral da rúa.

Martes, 01 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “en poucos días comezará o asfaltado do treito final da avenida das Américas”

O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa coa renovación dos espazos públicos de Lugo cun novo asfaltado na Avenida das Américas. Arroxo explicou "que os traballos comezarán nos vindeiros días, co obxectivo de que a renovación se complete durante o mes de agosto”. Intervirase no treito da avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen".

A solución executada polo Goberno de Lugo consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Rubén Arroxo afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. “Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo”.

Arroxo lembrou que "desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida"."As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños", afirmou o tenente de alcaldesa.

Audio

  • O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre a Avenida das Américas | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo: “en poucos días comezará o asfaltado do treito final da avenida das Américas”

Noticias relacionadas