A Praza Anxo Fernández Gómez acolle a exposición itinerante da Axenda Urbana

A mostra, tras o seu paso polo centro da cidade, a Milagrosa, Augas Férreas, Rolda do Carme voltará volta á Praza Anxo Fernández Gómez.

O Goberno de Lara Méndez busca trasladar aos veciños e veciñas os obxectivos que marca a estratexia ‘Lugo Cidade Verde’.

Mércores, 11 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Anxo Fernández Gómez acolle a exposición itinerante da Axenda Urbana

A exposición itinerante para que a cidadanía coñeza, e sexa partícipe das accións do municipio, a través do plan de acción local que permitirá implementar os obxectivos da Axenda Urbana Española pódese visitar novamente na Praza Anxo Fernández Gómez.

A exposición, inclúe corenta paneis explicativos, con actuacións que se están a levar a cabo e que amosan o modelo de cidade, máis ecolóxica, referente no urbanismo sostible, amable, funcional e integradora coa veciñanza de todas as idades, cun casco histórico continuo, camiñable e con diversidade que impulsa a participación cidadá e fomenta o turismo sostible.  “O obxectivo da mostra, que viaxou por diferentes prazas e barrios da cidade é achegar á cidadanía os compromisos que se están impulsando na cidade aliñados coa estratexia do Plan da Axenda Urbana 2030 de Lugo” apuntaba a rexedora.

A mostra, tras o seu paso polo centro da cidade, a Milagrosa, Augas Férreas, Rolda do Carme volta á Praza Anxo Fernández Gómez.

Con esta acción, o Goberno de Lara Méndez busca trasladar aos veciños e veciñas os obxectivos que marca a estratexia ‘Lugo Cidade Verde’, un documento que responde ao cumprimento dos compromisos internacionais adoptados de conformidade coa Axenda Urbana e “a folla de ruta para acadar unha cidade máis sostible, integradora e resiliente de cara ao 2030” finalizaba a rexedora.

Noticias relacionadas