O Martes de Entroido enche Lugo de música, humor e cor

O Concurso de Disfraces para adultos repartiu 6.550 euros en premios

Martes, 09 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
VO Martes de Entroido enche Lugo de música, humor e cor

Puntuais, os participantes no Gran Concurso de Disfraces do Concello de Lugo concentráronse ás cinco da tarde deste Martes de Entroido no entorno da Praza da Soidade para logo desfilar por Santo Domingo, a rúa da Raíña e chegar á Praza Maior, nun percorrido que a choiva respectou. Baixo as carpas instaladas diante do consistorio e con José Areñas como xefe de cerimonias foron pasando ante centos de persoas os disfraces individuais, parellas e as comparsas, que encheron Lugo de música, humor e cor.

O Concello repartiu uns 6.550 euros en premios entre os participantes, que valorou un xurado composto este ano por: Enrique Bonet, deseñador; Juan Carlos Zahera, coreógrafo; e María del Carmen Rodríguez Fernández, da Escola de Arte Ramón Falcón.

Os premiados foron

Categoría Individual

  • 1º premio: O Baile da muñeca. 400€
  • 2º premio: Recortes de botellas de auga. 300€
  • 3º premio: O Camiñante de pedra. 200 €
  • 3 accésits para: Enxaulada; Dama de papel aluminio e Manda huevos o Carnaval. 50€ cada un

Categoría Parellas

  • 1º premio: Erizos con moita corda. 500€
  • 2º premio: Reciclaxe rolos papel hixiénico. 400€
  • 3º premio: Parella Decimonónica. 300€
  • 5 Accésits: El Despertar de la fuerza; Rumberos Galácticos; Os Poliños; Buscando Pastro e Las Sirenas Enconchadas. 100€ cada un

Categoría Comparsas

  • 1º premio: Musical Rey León. 1.000€
  • 2º premio: Humol Amalillo. Que calallo! 800€
  • 3º premio: O Circo dos Fenómenos. 600€
  • 7 Accésits: Unha Merenda de nejros; Trisqueiros/as; Mundo Minion; A Realeza; Emigrantes; Vida Polar na Piringalla e Andaluces Patio Olé. 200€ cada un

As actividade de Entroido rematarán mañá coa actuación infantil Uxía Lambona e a Banda Molona, ás 12:00 horas, na carpa da praza da Soidade; e o Velorio e Enterro da Sardiña, a cargo da asociación Pepe Barreiro, a partir das 18:30 horas, no quiosco da música da Praza Maior.

Multimedia

Noticias relacionadas