O Goberno dinamiza a interculturalidade e a integración das persoas venezolanas na cidade a través da asociación Venelugo

Ana Abelleira, Karin Mago e Jasmín Zambrano deron a coñecer os obxectivos, fins e actividades previstas por esta comunidade que trata de fomentar a integración dos venezolanos e venezolanas emigrantes en Lugo

A edil sinalou que estas entidades fortalecen a colaboración entre comunidades e fixo fincapé no compromiso da Goberno Municipal con todos os cidadáns para combater á discriminación

Xoves, 03 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno dinamiza a interculturalidade e a integración das persoas venezolanas na cidade a través da asociación Venelugo

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a Presidenta e a Vicepresidenta da Asociación VeneLugo, Karin Mago e Jasmín Zambrano presentaron, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os obxectivos, fins e actividades desta comunidade, de recente creación, que trata de promover e fomentar a integración das persoas migrantes en España, así como levar a cabo un proxecto de sensibilización  e solidariedade cos venezolanos e venezolanas en risco de exclusión social.

Durante a presentación, na que tamén estiveron presentes outros membros desta comunidade, Ana Abelleira sinalou que “é un honor presentar unha nova asociación que vai a empezar a traballar en Lugo. Estas entidades fortalecen a colaboración das comunidades migrantes e debemos estar plenamente orgullosos polo número de entidades sociais que existen e a integración que teñen na cidade”.

A Asociación Venelugo ofrece apoio e acollida as persoas chegadas de Venezuela, promovendo a súa cultura e costumes e facilitando, deste xeito, a integración na comunidade lucense, na que a día de hoxe conviven 670 venezolanos e venezolanas. Karin Mago sinalou que “decidimos materializar a través desta asociación o compromiso co noso país, cooperando, entre outros actividades, cos programas e proxectos de axuda humanitaria para as persoas venezolanas emigrantes en España”.

Nesta liña, a edil fixo fincapé no apoio da Goberno Municipal a toda a cidadanía, “tratando de poñer freo á discriminación e favorecendo a participación activa dos venezolanos e venezolanas da nosa cidade, creando en Lugo un fenómeno intercultural”.

Programación

Ademais dos diferentes traballos que realizarán de maneira continuada ao longo do ano, Venelugo ten previsto outro tipo de eventos que axuden ao fomento e pescuda dun maior afianzamento na comunidade lucense: realización dun roupeiro virtual baixo o lema senón o usas, dónao, co fin de, aquelas persoas que o necesiten, poidan reutilizar e ter acceso a prendas de roupa; un guayoyo solidario para recaudar fondos; recolección de medicamentos ou a afiliación de socios.

A presentación oficial da Asociación Venelugo realizarase mañá ás 19:00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Audio

  • Ana Abelleira sobre a presentación da Asociación "Venelugo" | Descargar mp3

Noticias relacionadas