O escritor Álex Alonso pecha o ciclo de Catas Literarias 2016

Xoves, 09 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O escritor Álex Alonso pecha o ciclo de Catas Literarias 2016

A tempada 2016 das Catas Literarias organizadas pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua rematou este xoves coa participación do escritor galego Álex Alonso, premio de narrativa curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, mención especial do xurado en 2003 no XII Certame Manuel Murguía de narracións breves pola obra Estremonías, e gañador en 2010 do VI Certame de relatos de muller Matilde Bares por Xénero imperfecto.

Nesta cata literaria, ao igual que as cinco anteriores, tamén houbo gastronomía lucense regada con viño da Ribeira Sacra, e acompañada tamén pola música dun grupo lucense. Neste caso, as tapas correron a cargo do Restaurante Manuel Manuel, e a música, do dúo Os Sonantes, con Cristina Nogueira ao violonchelo e Fernán Gómez á guitarra.
Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade puxeron a disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista.

Noticias relacionadas