O Concello de Lugo súmase á xornada de loito en memoria do expresidente da Comisión Europea, Jacques Delors

As bandeiras da Casa Consistorial ondean a media asta en memoria do expresidente que xogou un papel esencial na adhesión de España e Portugal á Unión Europea.

Mércores, 31 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase á xornada de loito en memoria do expresidente da Comisión Europea, Jacques Delors

O Concello de Lugo sumouse este mércores á xornada de loito en memoria do expresidente da Comisión Europea, Jacques Delors, falecido o pasado 27 de decembro. Coincindo co acto de homenaxe que organiza hoxe a Comisión Europea en Bruxelas, o Goberno de España e o Goberno da República Portuguesa decidiron conxuntamente declarar loito oficial o 31 de xaneiro. Deste xeito, as bandeiras da Casa Consistorial ondearán a media asta durante todo o día na súa memoria.

Jacques Delors, presidente da Comisión entre 1985 e 1994, foi un dos grandes arquitectos da integración europea, e xogou un papel esencial na adhesión de España e Portugal á Unión Europea, que se realizou en 1986. Ambos os países acordaron a importancia de render tributo á súa figura como mostra de gratitude e en recoñecemento á profunda transformación que supuxo a pertenza á Unión Europea para xeracións enteiras de españois e portugueses.

Noticias relacionadas