O Concello de Lugo reactiva o Servicio de Orientación Laboral, inactivo dende o ano 2014

Este servizo ofrécese en horario de 08:30 a 14:30, desde as instalacións de ESPAZO LAB

Martes, 24 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mauricio Repetto sobre a reactivacion do Servicio de Orientación Laboral

O Concello de Lugo reactiva o Servicio de Orientación Laboral, inactivo dende o ano 2014, este Servizo, pretende dar un servizo integral á poboación lucense, apoiando, orientando, asesorando, detectando cambios e novidades no mercado de traballo co fin de realizar unha intermediación entre empresas e persoas demandantes de emprego o máis axustada posible aos perfís profesionais e requirimentos do posto , estudo e divulgación de novas oportunidades de ocupación, coñecer e dar a coñecer os sectores económicos emerxentes e novas competencias profesionais.

Mauricio Repetto concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego explicou que o fin e o de “Tender a man e traballar conxuntamente con todas aquelas entidades, asociacións, axentes sociais que traballan para favorecer e mellorar a empregabilidade das persoas.

O edil tamnén falou que dende o Concello de Lugo, a través da súa axencia de colocación realizanse actividades que teñen por finalidade, axudar ás persoas desempregadas a conseguir a súa inserción no mundo laboral.

Para conseguir este fin valoraranse perfís, aptitudes ou coñecementos das persoas desempregadas, realizando actuacións relacionadas coa procura de emprego, tales como a orientación, información profesional ou selección de persoal, dando opción ás empresas a que atopen os perfís profesionais que máis se axusten á súa oferta.

A Axencia de Colocación do Concello esta aberta de luns a venres de 08.30h a 14.30h en ESPAZO LAB.

Audio

  • Mauricio Repetto sobre a reactivacion do Servicio de Orientación Laboral | Descargar mp3

Noticias relacionadas