O Concello de Lugo homenaxerá no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

Cristina López: “honramos con esta acción simbólica a todas as persoas que faleceron durante a emerxencia sanitaria e non puideron estar acompañadas”

A edil de Participación lembrou que “a despedida é un eixo fundamental na superación dunha perda”

Luns, 29 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

A área de Participación e servizos para a Veciñanza realizará unha homenaxe ás persoas falecidas durante a emerxencia sanitaria que consistirá nunha ofrenda floral con acompañamento musical. O acto celebrarase mañá, 30 de xuño de 2020 ás 19 horas no Cemiterio Municipal. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López: “queremos honrar a todas aquelas persoas que, pola situación de excepcionalidade que se estaba a vivir, non puideron estar acompañadas polos seus familiares”.

“Trátase dunha homenaxe a todas as persoas que faleceron no transcurso da crise sanitaria, mais é tamén un xeito de acompañar a quen tivo que afrontar a perda dun ser querido sen poder despedirse”, afirmou Cristina López, que sinalou que “a despedida é un eixo fundamental no proceso de superación dunha perda pero, por causa da situación excepcional, isto non foi posible”.

Cristina López lembrou que “o acto se realizará cumprindo as medidas ditadas polas autoridades sanitarias” e animou a todas as persoas que sufriron a perda dun ser querido a achegarse ao cemiterio para darlles un último adeus.

Audio

  • A edil de Participación, Cristina López, sobre o acto de homenaxe no cemiterio | Descargar mp3

Noticias relacionadas