O barrio da Piringalla celebra o San Xoán coa tradicional Festa do Becerro ao Espeto

Venres, 23 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O barrio da Piringalla celebra o San Xoán coa tradicional Festa do Becerro ao Espeto

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Coberno Municipal, participaron este venres en Santo Graal na XVII Festa do Becerro ao Espeto, coa que colabora o Concello, posto que contribúe a dinamizar o municipio, potenciado, por un lado, a tenreira galega, e por outro, fomentando a economía do barrio.

Neste evento repartíronse 3.500 racións de dous becerros de raza autóctona (Tenreira Galega) entre todas as persoas que se achegaron. Esta degustación gratuíta da mellor carne de Galicia tamén foi acompañada con pementos e pan, e de beber, cervexa, viño e refrescos. Ademais houbo unha verbena a cargo da orquestra Principal e unha fogueira de San Xoán.

Noticias relacionadas