O Alcalde de Lugo solicita unha nova entrevista co Presidente da Xunta para solicitar os servizos prometidos para o HULA

López Orozco diríxese por escrito a Feijóo nunha carta e que lle resulta “incomprensible a posición que mantén a Xunta sobre este tema”

Hemodinámica 24 horas, radioterapia e Medicina Nuclear son servizos necesarios para Lugo

Mércores, 22 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, volveu a enviar hoxe unha carta ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para esixirlle, no nome da cidade de Lugo, a implantación dos servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina nuclear no Hospital Universitario Lucus Augusti. Esta é a segunda carta despois da enviada o 3 de marzo e da que non se obtivo resposta por parte da Xunta.

López Orozco dirixiuse por escrito ó Presidente da Xunta para solicitarlle unha nvoa entrevista urxente para tratar sobre a implantación dos devanditos servizos, que o Presidente da Xunta prometera poñer en marcha no HULA nun prazo de tres meses no discurso que pronunciou Núñez Feijóo durante o acto de inauguración do Hospital.

No texto, o Alcalde, tamén lle indica que dende a última a carta houbo unha importante novidade, a aprobación do Pleno da Deputación de Lugo de financiar a posta en marcha da sala de hemodinámica as 24 horas.

López Orozco exponlle na carta a Núñez Feijóo que “lle resulta incomprensible a posición que está a manter a Xunta de Galicia” ante esta situación de abandono e “a día de hoxe seguimos sen ter data para a xuntanza, que considero de suma importancia, e por elo quedo á espera de que me reciba e poñernos de acordo para fixar data e hora a unha reunión”.

Noticias relacionadas