A mestra de lingua galega Matilde Fernández (Matuquín), será a encargada do acendido, que terá lugar este venres, 1 de decembro ás 19:00

O alumeado de Nadal conta con 778 elementos e preto de 1 millón de microleds.

Xoves, 30 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A mestra de lingua galega Matilde Fernández (Matuquín), será a encargada do acendido, que terá lugar este venres, 1 de decembro ás 19:00

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, convidou a toda a veciñanza de Lugo a asistir mañá ao acto de acendido do alumeado de Nadal, que este ano correrá a cargo da mestra de lingua galega Matilde Fernández, (Matuquín), integrante de Fuxan os Ventos entre o 1972 e 1976. O acto terá lugar mañá, 1 de decembro, a partir das 19:00 na praza Maior, e o  Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 8 de xaneiro de 2023, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos. 

En total, o alumeado de Nadal conta con 778 elementos decorativos e preto dun millón de microleds. Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e distintos elementos ornamentais, entre os que destaca a decoración de 100 farolas ou a colocación de figuras en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo  de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, ten de 20 metros de altura e a praza Maior conta con figuras que poderán ser utilizadas como photocall. A nova praza da Mosqueira conta tamén con elementos decorativos de máis de 1.500 puntos de luz. Os arcos instalados inclúen como novidade elementos visibles durante o día.

Audio

  • O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, sobre o acendido das luces de Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas