Lara Méndez reivindica a esencia da enxeñaría agrónoma para dignificar a profesión e o sector primario, na celebración do patrón destes profesionais

Xoves, 18 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reivindica a esencia da enxeñaría agrónoma para dignificar a profesión e o sector primario, na celebración do patrón destes profesionais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este xoves na Casa do Saber á festividade do patrón dos Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, San Cidre, nun acto no que tamén estiveron presentes o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, o Decano do Colexio Oficial da Escola Politécnica, Tomás Cuesta, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López. No transcurso do acto tiveron lugar dúas conferencias, unha sobre a adaptación dos enxeñeiros ás tecnoloxías da información, a cargo de Calaza, e outra sobre o efecto Galicia Calidade, a cargo de Javier de Miguel González, director técnico desta marca. Tamén se entregaron os diplomas aos recén titulados e tituladas e premios fin de carreira.

Na súa intervención, Méndez reivindicou a esencia da enxeñaría agrónoma para dignificar a titulación, a profesión e un sector, o primario, "vital para Lugo", que en Galicia leva seis trimestres de subida, empregando a 77.400 persoas. Ademais, a rexedora quixo facer fincapé na importancia deste colectivo, integrado por máis de 400 profesionais, un dos que máis evoluciounou nos últimos anos e con máis capacidade de adaptación.

Noticias relacionadas