Lara Méndez destaca o valor da 23ª Feira do Campo e Artesanía da Milagrosa como dinamizadora dos produtos de proximidade

A alcaldesa de Lugo presentou co presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez, e o deputado Pablo Rivera esta edición, que se celebrara do 16 ao 18 de outubro

A pandemia reduciu a 40 o número de postos que se instalarán na Milagrosa, mentres que o pregoeiro da edición será Miguel Fernández, edil de Medio Rural e Deportes

O domingo entregaranse os premios José Carballido aos mellores 5 stands da cita

Martes, 13 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o valor da 23ª Feira do Campo e Artesanía da Milagrosa como dinamizadora dos produtos de proximidade

A alcaldesa, Lara Méndez, e o presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez, presentaron a 23º edición da tradicional Feira do Campo e Artesanía de San Isidro da Milagrosa, que se celebrará esta fin de semana –entre o venres e o domingo- na praza da Milagrosa. Á presentación tamén asistiu Pablo Rivera, deputado Provincial de Lugo, e Miguel Fernández, Concelleiro de Medio Rural e Deportes, que será o pregoeiro da cita.

“A Feira de Productos do Campo e da Artesania San Isidro, debido á situación sanitaria actual tivo que reducir o número de postos, xa que a pandemia cambiou o noso día a día, pero, aínda que en menor escala, quere manter o seu espírito dinamizador da economía local artesá e dos produtos rurais nun don barrios máis senlleiros de Lugo”, asegurou a alcaldesa, que agradeceu a súa implicación ao colectivo veciñal organizador e a todo o movemento asociativo do municipio. Tamén animou a cidadanía a asistir, “pero facendo un exercicio de responsabilidade para que se respecten os protocolos sanitarios en todo momento”.

Lara Méndez tamén subliñou que este ano a feira arranque dunha maneira “especial”, co pregón de Miguel Fernández, concelleiro de Medio Rural. 

Pablo Rivera subliñou que "a celebración desta feira, a pesar das dificultades de organización, cambio de data incluído, é a proba palpable do que xa teño expresado: A Milagrosa é un barrio dinámico e traballador. Un exemplo de convivencia e integración, que conserva a memoria do que foi Lugo ó longo da súa historia e a ilusión por aportar iniciativas de futuro".

Rivera salientou que "a Deputación vén colaborando tradicionalmente con este encontro. Unha colaboración que facemos dende o convencemento de que hai que apoiar a economía local poñendo en valor o sector primario, facilitando canles de comercialización e de visibilidade aos artesáns e aos produtores de proximidade. A Covid acentuou a importancia da produción de proximidade. Apostar polo sector primario da nosa provincia é apostar por aproveitar os nosos recursos propios para crear emprego e crear riqueza, é apostar por fixar poboación, pero tamén é apostar pola sostibilidade ambiental e pola ecoloxía".

A cita, con “dous obxectivos claros, retomar as raíces rurais e promover que temos os mellores productos de Galicia”, recalcou Vázquez, contará cuns 40 expositores.

O programa inclúe unha actuación musical, degustacións de embutidos e queixos, así como a entrega dos premios José Carballido, que será o domingo de peche da feira.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Feira de San Isidro da Milagrosa | Descargar mp3
  • O presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez, sobre a Feira de San Isidro da Milagrosa | Descargar mp3
  • O deputado Provincial de Lugo, Pablo Rivera, sobre a Feira de San Isidro da Milagrosa | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez destaca o valor da 23ª Feira do Campo e Artesanía da Milagrosa como dinamizadora dos produtos de proximidade

Noticias relacionadas