Lara Méndez asiste ao acto conmemorativo polo 25-N organizado polo Concello en conxunto con Subdelegación do Goberno e Deputación de Lugo

Casa da Muller puxo en marcha unha serie de accións englobadas en torno a un concepto que é o de INVISIBLES

A Alcaldesa e membros da Corporación Municipal participaron nos actos conmemorativos do 25-N cunha reivindicación clara: a loita contra a violencia machista

Mércores, 25 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ao acto conmemorativo polo 25-N organizado polo Concello en conxunto con Subdelegación do Goberno e Deputación de Lugo

A alcaldesa, Lara Méndez, e a concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana G. Abelleira asistiron este mércores ao acto organizado polo Concello en conxunto con Subdelegación do Goberno e Deputación de Lugo, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller o cal tivo lugar ás 12.00 horas na Praza de Santo Domingo, fronte á Arbore da Vida.

Os actos arrincaron cunha ofrenda floral a cargo de activista Inés Fernández, posteriormente gardouse un minuto de silencio e tamén unha solta de 41 globos en homenaxe ás vítimas. Tamén se efectuou a lectura dun manifesto a cargo de Fernández.

Inés Fernández que lembrou que “no que vai de ano, 41 mulleres foron asasinadas en España, 1.074 dende que existen estadísticas. Mulleres que como, as nosas veciñas, Manuela da Pastoriza a Clara María de Lugo son víctimas ás que lle arrebataron a vida”.

Máis info

Noticias relacionadas