Lara Méndez aposta pola creación de oportunidades laborais que acompañen ao cambio de modelo de cidade

A alcaldesa presentou este xoves na V Edición da cita internacional Foro Cidades 2022 a estratexia na que traballa o executivo para acadar un Lugo máis sostible e integrador.

Lara Méndez: “A segunda gran transformación urbanística e social da cidade debe ir da man dunha transformación económica, na que nos atopamos actualmente inmersos”.

O Impulso Verde e o barrio multiecolóxico espertaron un gran interese entre os asistentes e participantes, como proxectos pioneiros dentro do movemento “Cidades 15 minutos”.

Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aposta pola creación de oportunidades laborais que acompañen ao cambio de modelo de cidade

A alcaldesa de Lugo presentou este xoves en Madrid, no marco da quinta edición da cita internacional Foro Cidades 2022, o modelo de cidade sostible deseñado polo executivo municipal no pasado mandato, e no que se está a traballar desde todas as áreas de Goberno, actuando tanto nos barrios como no centro histórico para trasladar as zonas de  confrot dos fogares aos espazos públicos.

Lara Méndez, que interviu nunha mesa redonda sobre as interrelacións da realidade urbana e rural, dentro da sesión denominada “Cidades 15 minutos e territorios 45 minutos”, explicou que “a segunda gran transformación urbanística e social de Lugo debe ir da man dunha transformación económica, na que estamos precisamente a traballar a través de proxectos pioneiros e innovadores como a estratexia Lugo Transforma, o movemento Localmente Lucense, ou a través das diferentes liñas de axudas a emprendedores que poñemos en marcha dende o Concello”.

A intervención da rexedora espertou un grande interese entre os participantes e asistentes á xornada deste xoves, especialmente no tocante ao edificio Impulso Verde e o novo barrio multiecolóxico de Lugo, que presentou como proxectos pioneiros, que entroncan directamente coas premisas promovidas polo movemento “Cidades 15 minutos”, cuxa finalidade é conseguir urbes máis sostibles e resilientes ao cambio climático, e nas que o cidadán sexa o centro de toda acción.

Lara Méndez estivo acompañada nesta sesión por Frances Boia, secretario xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; Silvia Villacañas, directora de Planificación Estratéxica do Concello de Madrid, e Diego Isabel la Moneda, director do NESI fórum. O Coordinador xeral do  PEMB - Plan Estratéxico Metropolitano de Barcelona, Oriol Estela; e a responsable da área Urbanismo para la Vida do Foro NESI, Beatriz Ramírez.

A nova edicion do Foro das Cidades, que remata hoxe, countou con 50 mesas redondas englobadas en 24 sesións temáticas e catro eixos de debate: ‘Planificación urbana’, ‘Renaturalización’, ‘Cidades para habitar’ e ‘Economía circular’. Doutra banda, o financiamento de proxectos urbanos, a calidade de vida das persoas e o intercambio de boas prácticas foron as grandes liñas que están presentes de maneira transversal en todo o programa.

Multimedia

  • Lara Méndez aposta pola creación de oportunidades laborais que acompañen ao cambio de modelo de cidade

Noticias relacionadas