Lara Méndez agradece a contribución de Campo Vidal ao dereito á información en España

A alcaldesa recibiu na casa consistroal ao xornalista do que  destacou o seu papel como comunicador, documentalista, investigador e sociólogo ao longo dos últimos 50 anos.

O xornalista agasallou á rexedora cun exemplar de traballo utilizado durante a redacción da nova edición do seu libro ‘As claves da información no asasinato do Presidente Carrero Blanco’.

Xoves, 21 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez agradece a contribución de Campo Vidal ao dereito á información en España

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá na Casa Consistorial ao xornalista Manuel Campo Vidal. A rexedora e o histórico escritor e sociólogo conversaron durante preto dunha hora, período no  que trataron diversos temas de actualidade. Entre os asuntos abordados destaca o despoboamento, xa que o xornalista oscense imparte este xoves unha conferencia na Deputación provincial na que, baixo o título ‘A esperanza de recuperar a España rural’, aborda esta problemática. Pola súa parte, Méndez fixo balance do encontro de alto nivel que converteu a nosa cidade no epicentro europeo do reto demográfico o pasado mes de setembro e explicou as iniciativas municipais postas en marcha polo seu Executivo para fixar poboación e dinamizar a economía local, como Lugo Transforma.

Durante o distendido encontro, Campo Vidal agasallou a Méndez cunha primeira edición dun  exemplar utilizado durante a redacción da nova edición do seu libro ‘As claves da información no asasinato do Presidente Carrero Blanco’, ao cumprirse 50 anos do atentado. Pola súa parte, a rexedora agradeceu a contribución única de Campo Vidal ao dereito a información ao longo dos últimos 50 anos e destacou o seu papel como comunicador, documentalista, investigador e sociólogo.

Multimedia

  • Lara Méndez agradece a contribución de Campo Vidal ao dereito á información en España

Noticias relacionadas