Lara Méndez aborda coa xuventude lucense a creación do futuro Consello da Mocidade que axudará a impulsar as políticas da Axenda Urbana 2030

A rexedora, acompañada da edil de Desenvolvemento Local, participou no segundo encontro xuvenil enmarcado no plan de acción Lugo Cidade Viva.

“O obxectivo é ue a mocidade de Lugo teña a oportunidade de trasladar as súas visións ás políticas públicas que poremos en marcha”, destacou Lara Méndez.

Os participantes trasladaron o seu interese por este proceso no que están invitados a participar con voz propia. Os encontros retomaranse despois do verán.

Mércores, 03 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aborda coa xuventude lucense a creación do futuro Consello da Mocidade que axudará a impulsar as políticas da Axenda Urbana 2030

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, participou este mércores no segundo encontro xuvenil que organizou o executivo municipal no CEI Nodus, enmarcado na Axenda Urbana 2030 do Concello. No marco desta xornada, a rexedora abordou coa xuventude lucense a creación do futuro Consello da Mocidade, que axudará a impulsar as políticas deste plan de acción, denominado Lugo Cidade Viva.

“A finalidade deste consello é que os rapaces e rapazas de Lugo teñan a oportunidade de trasladar as súas visións e preocupacións ás políticas públicas que se enmarcarán na Axenda Urbana 2030, a folla de ruta que marcará a estratexia da cidade e que dará continuidade á deseñada e posta en marcha xa no mandato pasado coa sostibilidade como eixo transversal”, explicou Lara Méndez.

Á sesión de hoxe asistiron máis dunha vintena de mozos e mozas, “resultando unha reunión moi frutífera e participativa na que nos trasladaron o seu interese por este proceso que se abre, e no que están invitados a participar con voz propia”, subliñou a alcaldesa, quen apuntou que “os participantes son o grupo impulsor do Consello, pero despois do verán retomaranse as reunións dando opción a que se poidan incorporar máis rapaces e rapazas da cidade, que así o desexen”.

Neste senso, o executivo municipal comunicará e publicitará a formación deste Consello en todos os ámbitos nos que se move a mocidade para fomentar a súa participación. “Trátase dun órgano no que hai postas moitas expectativas e ilusións, porque a visión da mocidade é fundamental; a cidade que estamos a deseñar agora será a súa cidade do futuro, a que eles van dirixir, sendo parte activa no ámbito económico, social, medioambiental, etc.”, apuntou Méndez.

A alcaldesa trasladou, así mesmo, o seu agradecemento a todos os mozos e mozas “pola súa participación, polas súas ideas, e pola xenerosidade de deciar o seu tempo tamén a pensar na cidade que desexan”.

Multimedia

  • Lara Méndez aborda coa xuventude lucense a creación do futuro Consello da Mocidade que axudará a impulsar as políticas da Axenda Urbana 2030
  • Lara Méndez aborda coa xuventude lucense a creación do futuro Consello da Mocidade que axudará a impulsar as políticas da Axenda Urbana 2030

Noticias relacionadas