Enmascarada será o cartel anunciador das festas do Entroido 2009

Mércores, 04 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou xunto aos membros do xurado, Mercedes Barreiro, Manuel Lamas e Christian Gutiérrez, a resolución do III Concurso de Carteis de Entroido organizado por esta concellería co fin de promocionar estas festas.

O xurado do certame reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta segunda edición. O faio declarou como gañador ao cartel titulado “Enmascarada”. O autor da obra galardonada é o lucense Pedro Antonio García Janeiro, que recibirá o premio de 600 euros.

A edil destacou a gran calidade dos vinte traballos presentados o que dificultou a elección do cartel gañador. Manuel Lamas explicou que “foi moi difícila a decición final e se impuso o gañador porque sobresalía na orixinalidade dos últimos anos polo seu formato ademáis de tratarse dunha composición equilibrada e moi lograda”

A Concelleira indicou que este cartel encabezará o programa do entroido e que incluirá as actividades organizadas pola Concellería de Cultura, nos Centros Sociais Municipais e da Concellería de Educación. “Realizaremos uns dous mil carteis para promocionar as festas do Entroido 2009 na cidade e nalgúns puntos da provincia”.

Multimedia

Noticias relacionadas