Convocado o terceiro concurso de fotografía Cidadáns Europeos en Galicia: As Vantaxes de ser Europeo

As imaxes poden presentarse ata o día 29 de abril, ás 14.00 horas, a través do correo electrónico ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com

Martes, 05 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Información Europe Direct do Concello de Lugo, situado no CEI Nodus, xunto co da Deputación da Coruña e o da Cámara de Ourense, convocan conxuntamente o terceiro concurso de fotografía Cidadáns Europeos en Galicia: As Vantaxes de Ser Europeo, con motivo do 30º aniversario da entrada de España na Unión Europea.

Os participantes, maiores de 18 anos, deberán presentar unha fotografía ou unha montaxe que mostre as vantaxes de ser cidadán europeos, reflectindo os cambios producidos coa adhesión de España á Unión Europea. Esta fotografía poderá plasmar cidadáns europeos, os seus dereitos, pobos e cidades que reflictan os cambios producidos pola entrada de España na Unión Europea.

Cada sede de Europe Direct fará entrega de dous premios, sendo un total de 6 premios a repartir entre o primeiro e o segundo de cada sede, respectivamente: Lugo entregará unha tablet e un lector de libro electrónico, igual que A Coruña, mentres Ourense entregará dúas estancias dunha fin de semana nun balneario.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 29 de abril de 2016, ás 14.00 horas. Para elo, as fotos deben enviarse ao correo electrónico  ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com dende onde serán subidas de maneira automática á páxina de facebook do concurso. Cada participante deberá indicar no correo electrónico o centro Europe Direct ao que presenta a súa fotografía. Os gañadores serán publicados na web do concurso o día 5 de maio.

Os interesados en obter máis información poden acceder á páxina de facebook do concurso,  https://www.facebook.com/concursociudadanoseuropeosengalicia, ou a www.lugo.es/europedirect

Máis info

  • Bases de participación no concurso Ciudadáns Europeos en Galicia: As Vantaxas de ser Europeo |Descargar pdf

Noticias relacionadas