Concello e Deputación colaboran coa nova programación de concertos da Sociedade Filharmónica de Lugo

Este luns presentáronse os 11 concertos de música clásica que forman parte da programación para a tempada 2016/2017 que terá lugar no Círculo das Artes

A cota mensual para os socios é de 11 euros. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes

Luns, 24 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación colaboran coa nova programación de concertos da Sociedade Filharmónica de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, e o Secretario da Sociedade Filharmónica de Lugo, José Luis Díaz, presentaron este mércores, a nova programación da temporada 2016/2017 de Concertos da Sociedade Filharmónica de Lugo. O Concello de Lugo achega á Sociedade Filharmónica unha axuda económica de 3.000 euros. Tamén colabora o organismo provincial coa sociedade cunha axuda económica de 9.000 euros para a celebración de concertos e actividades durante todo o ano.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, agradeceulle á Sociedade Filharmónica de Lugo que organicen un evento tan importante como este, “que enche a nosa cidade de cultura musical e co que se ten en conta á xente nova que está comezando no mundo da música clásica”.

García Porto aproveitou a ocasión para felicitar a Sociedade Filharmónica de Lugo por “levar acabo programacións lúdico-culturais, como os concertos que hoxe presentamos, dende o ano 1947. Dende a Deputación colaboramos con este tipo de actividades porque somos conscientes da importancia de achegar, fomentar e difundir a música clásica nos cidadáns”.

A cota mensual para os socios é de 11 euros. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes. As altas de socios na Sociedade Filharmónica de Lugo pódense facer no correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com.

Programación 2016/2017
Todos os concertos terán lugar no Círculo das Artes ás 20:00 horas.

Outubro

  • O 28 de outubro, Real Filharmonía de Galicia (Christph König, Director). W. A. Mozart: Sinfonía nº 31 en Re maior "París", G. Fauré: Suite Masques et Bergamasques, op. 112 e F. Schreker: Sinfonía de cámara.

Novembro

  • 11 de novembro, Jianing Kong, piano (3º Premio do Concurso de Piano de Santander Paloma O´Shea 2015). Obras de Beethoven e Chopin.

Decembro

  • 12 de decembro, Zoar Ensemble. Programa conmemoración IV Centenario Cervantes/ Shakespeare.
  • 18 de decembro, Banda Filarmónica de Lugo.
  • 21 de decembro, Ana María Valderrama (violín) e Luis del Valle (piano). A única gañadora española do Premio Sarasate. Obras de Schumann, Saint-Saëns, Sarasate, Dubois e Chopin.

Xaneiro

  • 12 de xaneiro, Signum Quartet (Alemania). Obras de Schubert e Beethoven.

Febreiro

  • 13 de febreiro, Isabel Villanueva (viola) e Andrey Yaroshinsky (piano). Premio Ojo Crítico de la Música Clásica de RNE 2015. Obras de Enesco, Prokofiev, Martinu, Stravinsky, Liszt, Granados e Hahn.

Marzo

  • 6 de marzo, Mario Prisuelos (piano).  Adalid, o piano romántico.
  • 31 de marzo, Ensemble Praeteritum. Pablo Suárez Calero (violín). Os concertos para violín de W.A. Mozart.

Abril

  • 29 de abril, Orquestra VIGO430. David Grimal (violín) e Vicente Alberola (Dirección). Sibelius: Concerto para violín/ Rimski-Kórsakov: Scheherezade.

Maio

  • 12 de maio, Orquestra VIGO430. Guillermo Pastrana (violonchelo) e Vicente Alberola (Dirección). Obras de R. Schumann e R. Strauss.

Sociedade Filharmónica de Lugo
Por iniciativa dun grupo de lucenses, sensibles á tradición polifónica da cidade e excelentes compoñentes dun conxunto de pulso e puga chamado Rocho Musical, fundouse  en decembro de 1.946 a sociedade, sendo os seus fins o fomento e difusión da arte musical.

Comeza a súa actividade social o 17 de Maio de 1.947 cun concerto a cargo da Orquestra Municipal de Bilbao. Desde entón e ininterrompidamente leva organizadas máis de 600 actuacións que fixeron posible a audición en Lugo de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo.Como entidade cultural relevante, contribuíu á fundación do Padroado Pro-Música colaborando na institución das Semanas de Música do Corpus Lucense e na creación do Conservatorio.

Noticias relacionadas