A concellería de Xuventude ofrece a posibilidade de renovar o curso homologado de CAP

As inscricións poden realizarse a través da web lugomasxti.org a partir do 17 de abril.

Xoves, 13 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude ofrece a posibilidade de renovar o curso homologado de CAP

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD), abre á mocidade lucense o prazo de inscrición para renovar o CAP - Certificado de Aptitude Profesional - .

Trátase dunha formación de 35 horas presenciais dirixida a lucenses que buscan renovar o seu certificado e ampliar así as oportunidades laborais. Levarase a cabo en horario de 17.00 ás 22.15 h, do 22 ao 30 de maio de 2023. Esta formación “ten como finalidade a integración das persoas no mercado de traballo e reducir a taxa de” sinalaba o edil. Por este motivo, pediu aos alumnos que “aproveiten ao máximo esta oportunidade” porque lles dotará de ferramentas para mellorar os seus currículos.

Está dirixida a lucenses entre os 25 e 49 anos, preferentemente desempregados,  que buscan formarse ou renovar a súa formación para conseguir unha saída laboral e profesional. Ofértanse 20 prazas sendo a formación completamente de balde.

Na mesma, se incluirán temáticas para tomar conciencia dos riscos da estrada e os accidentes de traballo, da importancia da aptitude física e mental,  dunha condución racional e eficiente. Os participantes tamén coñecerán as características técnicas e o funcionamento dos dispositivos de seguridade, aprenderán a minimizar o desgaste e previr as anomalías de funcionamento, así como a optimizar o consumo de carburante.

As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de inscrición e poden facerse na web: www.lugomasxti.org entre o 17 e o 28 de abril, sempre que se cumpran os requisitos.

Requisitos para inscribirse:

  • Dispoñer da tarxeta CAP (non será necesaria se tés o carné C1 ou C antes do 11/09/2009 ou o carné D antes do 11/09/2008).
  • Dispoñer do permiso de conducir dunha das seguintes categorías: C1, C, D1 ou D (en vigor).

Noticias relacionadas