A concellería de Medio Ambiente repón máis dun centenar de árbores para mellorar o ecosistema urbano de Lugo

Segundo o edil Miguel Fernández, “buscamos optimizar a calidade ambiental, a confortabilidade dos espazos públicos e aportar  zonas de sombras”.

Mércores, 15 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Ambiente repón máis dun centenar de árbores para mellorar o ecosistema urbano de Lugo

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Medio Ambiente, está a repoñer máis dun centenar de árbores en 49 puntos da cidade tanto en rúas como parques e carballeiras, árbores que secaron por distintas circunstancias, segundo comentou o edil Migue Fernández. “Todos os anos realizamos esta campaña para retirar aqueles exemplares que ben están enfermos ou corren risco de causar algún dano á poboación”.

O obxectivo, incidiu o concelleiro, “é mellorar o ecosistema urbano da cidade e a calidade ambiental do aire, ofrecendo maior confortabilidade nos espazos públicos á veciñanza, diminuíndo a contaminación e aportando zonas de sombras e, ao mesmo, tempo, incrementar o valor ornamental das nosas zonas verdes”.

O plan realízase de forma coordinada entre os técnicos do concello e a empresa Calfensa.

O edil asegurou que “se seleccionaron exemplares arbóreos coa calidade e as características que requiren para o seu bo desenvolvemento e crecemento” e informou, así mesmo, “das rúas nas que se vai a intervir e das especies elixidas a plantar en cada unha delas:

  • Abella: Catalpa bungei 1
  • Alamo: Corylus colurna 1
  • Antiga Frigsa, eixos viarios: Ligustrum japonicum 2
  • Aquilino Iglesia Alvariño (poeta): Catalpa bignonioides 'Aurea' 1
  • Aquilino Iglesia Alvariño (poeta): Ligustrum japonicum 1
  • Bidueiro: Prunus 'Kanzan' 1
  • Bispo Aguirre: Hibiscus syriacus 1
  • Camiño de Herrero: Prunus serrulata "Burgundy" 1
  • Camiño Real: Prunus cerasifera 'Pissardii' 1
  • Campo Castelo: Prunus 'Kanzan' 1
  • Cantiño: Acer palmatum 1
  • Carballeiras: Castanea x hybrida 2
  • CC As Termas (zona pública): Quercus ilex 1
  • CC As Termas (zona pública): Crataegus laevigata 'Paul's Scarlet' 1
  • CC As Termas (zona pública): Albizia julibrissin 1
  • Avda da Coruña: Cercis siliquastrum 3
  • Dinán: Spiraea japonica 1
  • Ferreiriño Prunus fruticosa 'Globosa' 1
  • Ferrol: Prunus cerasifera 'Pissardii' 1
  • Fondo de Fontiñas: Prunus fruticosa 'Globosa' 1
  • Gardas: Prunus 'Amanogawa' 2
  • Illas Canarias: Photinia serrulata "Red Robin" 1
  • Avda. Infanta Elena: Prunus padus 2
  • Juana la Loca: Castanea x hybrida 2
  • López Guntín (pintor): Camellia japonica vars. 1
  • Luis Seoane (pintor): Acer platanoides 'Globosum' 1
  • Manuel María (poeta): Prunus fruticosa 'Globosa' 1
  • Nicomedes Pastor Díaz: Prunus cerasifera 'Pissardii' 2
  • Otero Pedrayo-Río Eo: Cordyline australis 1
  • Padre Gómez: Photinia serrulata "Red Robin" 1
  • Parque de Albeiros: Prunus 'Kanzan' 1
  • Parque de Albeiros: Prunus cerasifera 'Pissardii' 2
  • Parque de Albeiros: Abies alba 1
  • Parque de Albeiros: Malus floribunda 1
  • Parque de Albeiros: Fraxinus excelsior 2
  • Parque Rosalía de Castro: Prunus 'Kanzan' 2
  • Parque Rosalía de Castro: Camellia japonica vars 1
  • Parque Rosalía de Castro: Fraxinus excelsior 1
  • Prado: Acer platanoides "Deborah" 1
  • Praza de San Xoan: Photinia serratifolia 1
  • Quinta de Pérez: Albizia julibrisim 1
  • Rafael de Vega: Prunus cerasifera 'Pissardii' 2
  • Ramón Piñeiro: Prunus cerasifera 'Pissardii' 1
  • Río Mera: Prunus 'Kanzan' 1
  • Ronda da República Argentina: Ligustrum japonicum 8
  • Ronda das Fontiñas: Sorbus intermedia 12
  • Ronda de Fingoi: Sorbus intermedia 2
  • Ronda Muralla: Crataegus laevigata 'Paul's Scarlet' 3
  • Ronda Muralla: Prunus fruticosa 'Globosa' 3
  • Garabolos: Prunus fruticosa 'Globosa' 3
  • San Fiz: Ulmus 'Sapporo Autumn Gold' 1
  • San Fiz: Catalpa bignonioides 'Aurea' 1
  • San Froilán: Prunus fruticosa 'Globosa' 1
  • San Roque: Photinia serratifolia 2
  • Simón Bolívar-Rda do Carme-Marqués de Ombreiro: Sorbus aucuparia 1
  • Tui: Prunus cerasifera 'Pissardii' 1
  • UA Norte B (CC As Termas - Avda Infanta Elena) : Acer platanoides 2
  • UA Norte B (CC As Termas - Avda Infanta Elena) : Pawlonia tomentosa 4
  • Valle Inclán: Prunus 'Amanogawa' 1
  • Xoán Diego: Prunus serrulata "Burgundy" 2
  • Xosé Novo Freire: Platycladus orientalis "Elegantissima" 1

Noticias relacionadas