Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 6 ao 8 de maio de 2022.

Luns, 09 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de atentado a axentes da autoridade

Sobre as 14:45 horas do día 6 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Avenida das Fontiñas xa que ao parecer había unha persoa tirada no xardín, preto dun terraplén de varios metros de altura.

Os axentes que comparecen de inmediato no lugar observan que un home de 51 anos está tirado entre dous coches, cos pés na calzada e a cabeza colgando cara ao terraplén, completamente durmido, sendo inmediatamente auxiliado pola patrulla policial que o coloca en posición de seguridade, momento no que o individuo se esperta e comeza a proferir insultos e ameazas graves contra os policías, que o trasladan a un lugar seguro, comezando a golpear aos axentes con patadas e puñadas nas pernas e peito, tendo que ser inmobilizado, procedendo á súa detención por un delito de atentado a axentes da autoridade, sendo conducido inicialmente a un centro sanitario e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Delitos contra a seguridade viaria

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano.

Sobre as 1:20 horas do día 7 de maio un equipo de Atestados desprázase á Rolda do Carmen xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que un vehículo golpeara coa parte dianteira dereita a posterior esquerda dun turismo estacionado, quedando ambos imposibilitados para a circulación, observando que o condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Sobre as 1 horas do día 8 de maio dáse o alto a un vehículo que circular de forma irregular pola rúa Río Eo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,10 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Sobre as 6:45 horas do día 8 de maio dáse o alto a un vehículo que circula de maneira irregular pola rúa San Roque, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,91 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Ás 20:50 horas do día 8 de maio un equipo de Atestados acode á rúa Santo Graal xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo desvíase da súa traxectoria e choca contra dous estacionados, rexistrándose danos materiais e observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Inspección de locais de lecer nocturno

Leváronse a cabo diferentes inspeccións en locais de lecer nocturno da cidade, levantándose actas de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos de Galicia e por infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica en locais da rúa Catedral e rúa Galicia por quebrantamento do horario de peche e permitir sacar bebidas ao exterior dos establecementos.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 19:05 horas do día 8 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao parque do Miño para colaborar cunha dotación do 061 xa que un mozo de 21 anos sufrira un cadro de ansiedade moi elevado e pretendía autolesionarse, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

Sobre as 3:50 horas do día 8 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno procede a auxiliar a un home que se achaba tirado na Avenida da Coruña en estado de embriaguez, sendo requirida unha ambulancia do 061 na que se trasladou ao HULA para a súa atención facultativa.

Noticias relacionadas