Comunicado de Prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 21 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de Prensa da Policía Local de Lugo

Efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, como consecuencia dun accidente de circulación ocorrido sobre as 19:50 horas do día 15 de febreiro na rúa García Abad, observan que un dos condutores presenta síntomas de embriaguez, motivo polo cal é sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Continuando co dispositivo activado de control de velocidade coa utilización dun vehículo policial dotado de cinemómetro, naquelas vías nas que se detecta un incremento de accidentes de circulación por excesos de velocidade, o pasado 20 de febreiro establecéronse varios filtros, formulándose 11 denuncias a condutores que pasaron a velocidade máxima establecida en vías limitadas a 50 km/h, sendo a media de velocidade detectada de 70 km/h e a máis alta de 79 km/h, o que conleva multa de 300 euros e a retirada de 2 puntos do permiso de conducir.

Noticias relacionadas