A brigada de loita contra o lume limpou xa máis do 72% do terreo programado para reducir o risco de incendio no rural

O equipo está formado por un xefe de brigada, un peón conductor e 3 peóns que se encargan de intervir en caso de lume e realizan traballos preventivos como a roza manual en zonas de difícil acceso. 

O traballo deste equipo vén a reforzar os labores preventivos que o Goberno local desenvolve desde primavera para preservar o noso patrimonio natural e garantir a seguridade dos núcleos rurais.

Sábado, 09 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A brigada de loita contra o lume limpou xa máis do 72% do terreo programado para reducir o risco de incendio no rural

A brigada de loita contra o lume do Concello de Lugo limpou xa máis de 72 hectáreas de terreo na zona rural do municipio co obxectivo de preservar a seguridade nos núcleos rurias das 54 parroquias. Este equipo, composto por 5 profesionais, está formado por un xefe de brigada, un peón conductor e 3 peóns que desenvolven o seu traballo contra as lapas ao tempo que se encargan de evitar posibles focos con diferentes labores de roza. O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha este servizo, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), para completar o labor da administración autonómica, que lle ten a competencia exclusiva en materia de montes. “O traballo desta brigada ven a reforzar os labores preventivos que desde o Goberno local estamos a desenvolver desde primavera co único obxectivo de preservar o noso patrimonio natural y garantir a seguridade dos núcleos rurais e a súa poboación na defensa contra o lume”, asegurou Miguel Fernández, concelleiro de Impulso Rural e Transición Ecolóxica.

Para evitar riscos, os labores de roza que asume esta brigada estánse  a completar en diferentes puntos do concello. Actualmente o equipo, que ao longo do verán evitou varios lumes coa súa rápida intervención, limpou de forma manual máis de 5 hectáreas en zonas de difícil acceso para a maquinaria, e está previsto que os brigadistas acometan a limpeza nun total de 10 hectáreas de terreo con esta técnica antes do remate da tempada. Ademais, limpáronse máis de 67 hectáreas de forma mecanizada das 100 proxectadas ate o remate dos traballos. “Estamos a falar dunha extensión de terreo dunha magnitude considerable que supera neste intre as 100 hectáreas, xa que hai que sumar outros traballos de roza e prevención que reforzan este obxectivo e que se levan a cabo no marco doutros programas municipais”, apuntou Fernández.  De forma complementaria como todos os anos o executivo de Lara Méndez, está a traballar na limpeza de vías nas 54 parroquias do municipio.

Fernández informou de que o período de actividade desta brigada estenderase no tempo ata o próximo mes de outubro. “O final do verán e o principio do outono son períodos de especial perigo porque se acumula a falta de choiva dos meses estivais e o vento pode xogar un facto determinante nesas datas. De feito, os últimos grandes incendios que asolaron Galicia en 2017 así o corroboran. A posibilidade de calor, escasa humidade, e rachas de ventos fortes fan que teñamos que estar preparados ata esas datas”, apuntou o tenente de alcaldesa que explicou que o servizo funciona ao amparo do convenio de colaboración entre la administración local e autonómica para o período 2023-2024.

Audio

  • O concelleiro de Impulso Rural e Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, sobre o traballo da brigada forestal | Descargar mp3

Multimedia

  • A brigada de loita contra o lume limpou xa máis do 72% do terreo programado para reducir o risco de incendio no rural

Noticias relacionadas