Alcaldía traslada á Xunta de Goberno desta semana a aprobación das novas instruccións sobre a tramitación administrativa dos expedientes de contratación

Lara Méndez explica que o protocolo permitirá simplificar e axilizar os procedementos de adxudicación e o pago a provedores

Martes, 05 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa, Lara Méndez, avanzaba estes martes que na Xunta de Goberno de mañá quedará aprobada unha instrucción de Intervención para poñer en marcha un protocolo de actuación que permita axilizar os procedementos de adxudicación.

“A principal novidade que contempla é o establecemento dunha serie de pautas sobre os aspectos que deberán quedar recollidos nas propostas de celebración de contratos que remite cada un dos diferentes servizos municipais. Isto redundará tamén nunha tramitación máis rápida para os expedientes menores dentro da administración electrónica e adaptada ao marco legal aplicable. Ademais establecerase unha periodicidade semanal para a celebración das mesas de contratación o que conferirá unha maior seguridade para os licitadores”, explicou a rexedora que situou este protocolo dentro do conxunto de medidas co que pretende acadar a segunda gran transformación de Lugo.

“Trátase dun importante avance, que propiciará non só unha maior dilixencia na xestión das diferentes licitacións que se levan a cabo dende o Concello senón que tamén terá reflexo nos tempos que se manexan para o pagamento das facturas a provedores que diminuirán notablemente e, asemade, servirá para modernizar e simplificar os operativos internos, alixeirando a carga de traballo dos diferentes departamentos que interveñen nos procesos de contratación”, indicou Lara Méndez.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o protocolo de contratación | Descargar mp3

Noticias relacionadas