A alcaldesa de Lugo recibe ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local

Coa visita de 37 estudantes de 1º e 2º de Primaria o Concello recupera as actividades didácticas presencias.

Mércores, 17 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo recibe ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial ao alumnado do CEIP Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local e a actividade diaria que se desenvolve nela.

Unha visita coa que, logo da pandemia, o Concello retoma este tipo de actividades didácticas de forma presencial que tiveron que interromperse pola chegada da Covid.

A rexedora compartiu uns momentos con 37 estudantes de 1º e 2º de Primaria que, acompañados por tres integrantes do equipo docente do centro, aproveitaron para facerlle todo tipo de preguntas tanto relacionadas tanto co seu papel como presidenta da Corporación como pola conciliación deste cargo coa súa familia.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo recibe ao alumnado do Ceip Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local

Noticias relacionadas