A concellería de Xuventude lanza unha campaña de verán para concienciar sobre os perigos no consumo de sustancias aditivas

As sesións terán lugar durante diferentes fins de semana nos meses de xullo e agosto, e o 16 e 17 setembro, dentro do recinto do Caudal Fest.

Xoves, 21 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude lanza unha campaña de verán para concienciar sobre os perigos no consumo de sustancias aditivas

O goberno de Lara Méndez realizará diferentes intervencións itinerantes ca finalidade de concienciar aos mozos e mozas sobre as consecuencias do consumo de sustancias aditivas, e dotalos de coñecementos dun xeito dinámico e participativo. Unha acción incluída no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude.

As sesións terán lugar durante diferentes fins de semana nos meses de xullo e agosto, cun formato “diferente, ecolóxico e moi atractivo, con soportes informativos móbiles, en diferentes puntos da cidade, co propósito de chegar a máis público durante unha mesma sesión”. No mes de setembro, a unidade informativa, estará ubicada nun stand dentro do recinto do Caudal Fest, os mozos e mozas que se acheguen poderán participar en diferentes actividades de ocio, serán agasallados con merchandising e disporán de material informativo.

“Unha campaña na que ofreceremos ferramentas útiles para xerar unha mellor xestión das emocións, fomentar as boas prácticas e sensibilizar sobre os riscos do consumo de alcol e outras sustancias, especialmente entre os máis novos e potenciar o lecer nocturno saudable”, sinalou o edil.

Noticias relacionadas