A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este xoves no Salón de Plenos un encontro de participación infantil, organizado por UNICEF e en colaboración co Concello, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.
A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a licitación do servizo de comedor e limpeza nas garderías Luis Soto Menor e María Wonenburguer por 486.740 euros para a primeira anualidade, 241.200 para a instalación de Sanfiz e 239.540 para a da Piringalla.
Unha vintena de estudantes de segundo curso do Grao de Enxeñaría Civil coñeceron este martes as instalacións da Sala de Control de Tráfico da Policía Local.
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este venres, no Salón de Plenos do Concello, a un grupo de cincuenta nenas e nenos que cursan segundo de primaria no colexio María Auxiliadora, que viñan acompañados de 3 mestres.
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou este mércores as obras que o Concello acometerá no núcleo da Pena da Mula, en Piúgos, para ampliar o saneamento nesta zona.
A Praza Maior, da Soidade e Pío XII, accesibles e inclusivas sen perder o seu valor histórico, tras as obras que vén de acometer o Concello, cun orzamento de 104.400 euros.
A vicevoceira municipal, Carmen Basadre, informou este mércores de que a Xunta de Goberno aprobou sacar a contratación a humanización da Praza Agro do Rolo.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns, no Salón de Plenos do Concello, a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense plurilingüe San José, que viñan acompañados de 3 mestras.
O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta da adquisición de diverso material e equipamento para a Escola Municipal de Música de Lugo, coa que o Concello realiza novas inversións por un importe de máis de 24.000 euros.
O Concello de Lugo publica hoxe as listas provisionais de solicitantes das bolsas para a adquisición de material escolar e didácticos para alumnos e alumnas de educación infantil para o curso escolar 2016-2017, que, como cada ano, concede o Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- …
- seguinte ›
- última »