Publicadas as listas provisionais das bolsas para material escolar que concede o Concello

Os interesados poden consultar ditas listas no taboleiro de edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, e no 010

A entidade local recibiu unhas 600 solicitudes para estas axudas, ás que destina 36.500 euros co obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio

Venres, 25 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publica hoxe as listas provisionais de solicitantes das bolsas para a adquisición de material escolar e didácticos para alumnos e alumnas de educación infantil para o curso escolar 2016-2017, que, como cada ano, concede o Concello. Trátase dunhas axudas para as que a entidade local destina 36.500 co obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio.

Todos os interesados e interesadas poden consultar ditas listas no taboleiro de edictos das oficinas municipais e na área de educación, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Tamén poderán consultar se a bolsa lles foi concedida a través do teléfono de atención cidadán 010.

O Concello recibiu unhas 600 solicitudes para estas axudas, que consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros con destino á compra de libros ou material escolar nas librerías da cidade. Foron aprobadas de xeito provisional, 448. Hai un prazo de 10 días naturais para alegacións, que se deberán presentar na área de educación.

Posteriormente publicaranse as listas definitivas, e presentadas as certificacións, os beneficiarios das axudas recibirán o seu vale canxeable por material educativo.

Noticias relacionadas