A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana María González Abelleira, anunciou que mañá mércores se abrirá o prazo de solicitude de subvencións para o alugamento de vivendas; axudas para persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade que teñan
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, desprazouse este sábado ata Barcelona para celebrar o San Froilán no barrio barcelonés de Nou Barris, onde residen centos de lucenses e galegos e no que cada ano se dan cita unhas 50.000 persoas.
O Goberno local comparte con organizacións sindicais e traballadores da empresa que foi adxudicaria da ORA ata a suspensión do servizo o pasado mes de xullo a súa gran preocupación pola “grave incoherencia” que supón a postura da oposición sobre o novo regulamento de aparcamentos na vía pública.
O Voceiro municipal, Miguel Fernández, subliñou este martes que o Goberno, aínda que en minoría, “ten un dobre mandato para gobernar: os votos da cidadanía e os votos de confianza outorgados por outras forzas políticas.
O Concello de Lugo, a través do obradoiro de emprego Cultur@ Lvcvs, promove un programa de actividades didácticas destinada aos centros educativos coa finalidade de dinamizar o conxunto patrimonial e fomentar a valoración por parte dos máis novos do patrimonio arqueolóxico e da historia de Lugo.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro, visitaron esta mañá os expositores da XXIII Feira do Mel de Lugo, que acolleu este domingo a Praza da Soidade.
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este sábado nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o Día Europeo das Linguas.
O Concello de Lugo implícase coa sétima edición de limpeza simultánea de cauces fluviais Móllate polos ríos, que se celebrará este domingo, 27 de setembro a partir das 10:00 horas.
O Concello de Lugo colabora un ano máis coa Asociación Provincial Lucense de Apicultura na celebración da XXIII Feira do Mel de Lugo, que acollerá este domingo, 27 de setembro, a Praza da Soidade en horario ininterrompido de 10:00 a 17:00 horas.
O Concello de Lugo organiza xogos interactivos, puzzles e concursos na Praza Maior este venres e sábado, 25 e 26 de setembro, para celebrar o Día Europeo das Linguas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »