Goberno e traballadores ven con preocupación a “grave incoherencia” da oposición sobre a ORA

Sindicatos e plantilla trasladaron ao Executivo a súa gran inquietude porque remunicipalizar o servizo como piden en bloque os grupos da oposición, deixándose liderar polo Partido Popular, dificultaría a subrogación

O Goberno mantén a súa folla de ruta “clara e firme”, continuará co diálogo e traballará para subrogar a plantilla na nova adxudicación

Mércores, 30 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno local comparte con organizacións sindicais e traballadores da empresa que foi adxudicaria da ORA ata a suspensión do servizo o pasado mes de xullo a súa gran preocupación pola “grave incoherencia” que supón a postura da oposición sobre o novo regulamento de aparcamentos na vía pública. Así quedou de manifesto na nova reunión que na mañá deste mércores mantivo a Alcaldesa, Lara Méndez, con sindicatos e plantilla, un encontro no que estes puxeron de relevo que remunicipalizar a ORA, como piden en bloque os grupos da oposición, “deixándose liderar polo Partido Popular”, dificultaría a subrogación, que por outra banda tamén demandan estes grupos políticos, o que “deixaría no aire o seu futuro”. Queda claro así, subliñou a Concelleira de Economía, Ana Prieto, o “oportunismo e demagoxia co que actúa a oposición neste caso, poñendo os intereses partidistas por riba do interese xeral”.

O Goberno, subliñou Prieto, mantén a súa folla de ruta “clara e firme, vamos a seguir traballando pola calidade do servizo e a súa operatividade”, e continuará co diálogo “con asociacións e grupos políticos, buscando consenso e con informes técnicos na man, como sempre manifestamos e como sempre fixemos”.

Audio

Noticias relacionadas