Os cursos organizados pola Escola de Tenis de Verán darán comezo esta tarde nas canchas municipais de Frigsa. As clases desenvolveranse de 18 a 20 da tarde, todos os martes e os xoves, entre o 19 de xuño e o 15 de setembro.
Esta iniciativa é pioneira na cidade e foi creada en colaboración pola Concellería de Deportes e a Federación Galega de Tenis para fomentar un deporte saudable e consolidar a súa práctica en Lugo.
A escola oferta cursos de iniciación que van destinados a rapaces de entre 6 a 14 anos e a persoas maiores de 14 anos con desexos de iniciarse no tenis.
A Concellería de Deportes súmase á Concellería de Medio Ambiente na aplicación das medidas que o Concello adoptou ante a escasez de chuvias rexistrada nos últimos meses en Galicia e suspende o rego nos campos de fútbol municipais.
A falta de precipitacións, inusual nestas datas, provocou que os caudais circulantes polos ríos sexan moi inferiores ós normais nesta época do ano.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao representante da Fundación Balogán, Juan Méndez, e o directivo do Club Estudiantes de Lugo, Jesús Lázare, Circuíto SUB-20 do Campionato de España que acollerá Lugo os vindeiros días 11, 12 e 13 de novembro.
Os encontros que se disputarán corresponden á Primeira Fase do Circuíto SUB-20 do Campionato de España que está organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB e terán lugar no Pazo Universitario dos Deportes.
A Concellería de Deportes, que dirixe Jose Manuel Díaz Grandío, colabora na organizacióndo I Trofeo Cidade de Lugo As Termas de Bowling, xunto con Milesiso Bowling Club, a Federación Galega de Bolos, a Bolera Pleno e o Centro Comercial As Termas que terá lugar na nosa cidade do 1 ó 4 de novembro.
Con esta iniciativa ponse de manifesto o apoio que o Concello de Lugo realiza ós deportes minoritarios e que deben gozar do mesmo respaldo que as demáis prácticas deportivas.
A competición será un torneo individual en categorías de homes e mulleres na modalidade de Handicap.
O Concello de Lugo aprobou, en Xunta de Goberno Local, o proxecto da Casa do Deporte, así o anunciou hoxe o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
A forte aposta do Goberno Local polo deporte base e pola práctica deportiva xeralizada dá un paso máis coa construcción destas instalacións e esta Casa do Deporte cúmpre coa demanda existente dende hai anos na cidade.
O Concelleiro indicou que “se trata dunha obra moi iunteresante para a cidade xa que permitirá concentrar moita da actividade administrativa que rodea ó deporte na nosa cidade”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron no Salón de Plenos do Concello ó campión de España de boxeo de peso medio na categoría junior.
Alberto Piñeiro Louzao conquistou este galardón na localidade alacantina de Guardamar del Segura, onde se disputaba o trofeo.
O Pazo Municipal dos Deportes acollerá o día 5 de outubro ás 21:00 horas o encontro entre o Azkar Lugo FS e o Lobelle de Santiago, dentro do programa deportivo previsto para as festas de San Froilán. Trátase do primeiro derbi galego da temporada para os lucenses e o noveno na historia entre ámbalas dúas escuadras.
O Concello de Lugo reparte invitacións para este encontro dende o xoves na Oficina de Información do fondo da praza Maior.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío e representantes da Federación Galega de Tiro, presentaron o Campeonato Galego de Armas Neumáticas que terá lugar este domingo día 30 de setembro na galería de tiro de Frigsa a partir das 10:00 horas.
O Concelleiro indicou que esta vai ser a primeira competición deste calibre que se dispute na galería de tiro dende que se inaugurou”.
Díaz Grandío explicou que esta actividade está enmarcada dentro das actividades organizadas pola súa Concellería para ás Festas do San Froilán que arrancan o sábado día 29 coa Marcha Cicloturista Ci
O Concello de Lugo, organiza unha marcha ciclista para celebrar o domigo, día 23 de setembro, o XIV Día da Bicicleta.
O prazo para inscribirse nos cursos de natación, que organiza a Concellería de Deportes para a vindeira tempada, remata este mércores, 12 de setembro.
As solicitudes deberán presentarse na piscina municipal na que se queira facer o curso e as matrículas formalizaranse nas oficinas da Concellería de Deportes, situadas no Polideportivo de Frigsa.
Para máis información pódense consultar os horarios dos cursos na web municipal www.lugo.es.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- …
- seguinte ›
- última »