O Concello de Lugo colabora coa organización do I Trofeo Cidade de Lugo As Termas de Bowling

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe Jose Manuel Díaz Grandío, colabora na organizacióndo I Trofeo Cidade de Lugo As Termas de Bowling, xunto con Milesiso Bowling Club, a Federación Galega de Bolos, a Bolera Pleno e o Centro Comercial As Termas que terá lugar na nosa cidade do 1 ó 4 de novembro.

Con esta iniciativa ponse de manifesto o apoio que o Concello de Lugo realiza ós deportes minoritarios e que deben gozar do mesmo respaldo que as demáis prácticas deportivas.

A competición será un torneo individual en categorías de homes e mulleres na modalidade de Handicap. As xogadoras e os xogadores oterán a súa media das listas oficiales cun mínimo de 30 partidas xogadas. En caso de empate, gañará o participante con menos handicap e clasificarase o xogador coa mellor puntuación na última partida.

Cada participante xogará unha serie de 6 partidas con cambio de dúas pistas á dereita cada tres partidas. Pasarán a semifinal 24 homes e 6 mulleres. Estes 30 clasificados xogarán unha serie de 6 partidas e os 3 primeiros clasificados de homes e mulleres xogarán a defensa de posición (3º contra 2º, a unha partida e o vencedor contra o 1º a dúas partidas).

A semifinal e final terá lugar o domingo 4 de novembro ás 10:00 horas e a entrega de premios está prevista para as 14:00 horas. Os gañadores obterán:

- O primeiro clasificado 800 euros máis trofeo.

- O segundo 600 euros máis trofeo.

- O terceiro clasificado 400 euros máis trofeo

- O cuarto clasificado 200 euros máis trofeo.

- Do quinto ó vixésimo clasificado 100 euros.

Todos os participantes terán un obsequio

Noticias relacionadas