O Concello organiza unha marcha ciclista para celebrar o XIV Día da Bicicleta

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, organiza unha marcha ciclista para celebrar o domigo, día 23 de setembro, o XIV Día da Bicicleta. Esta actividade está aberta a persoas de todas as idades que queiran gozar dunha mañá percorrendo a cidade en bicicleta.

Para participar, os interesados poden inscribirse gratuítamente no Centro Comercial As Termas ata o sábado, dia 22 de setembro, dentro do horario de apertura do centro.

A saída terá lugar ás 11:30 horas do domingo e partirá desde diante da Casa Consistorial, na Praza Maior, para facer un percorrido por vintecatro rúas da cidade e rematar no Centro Comercial As Termas. Á chegada dos ciclistas celebrarase un sorteo de agasallos entre os inscritos na actividade.

A Concellería de Deportes aconsella o uso do casco de protección e o cumprimento da normativa de circulación.

Noticias relacionadas