O Concello de Lugo aproba o proxecto da Casa do Deporte

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo aprobou, en Xunta de Goberno Local, o proxecto da Casa do Deporte, así o anunciou hoxe o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.

A forte aposta do Goberno Local polo deporte base e pola práctica deportiva xeralizada dá un paso máis coa construcción destas instalacións e esta Casa do Deporte cúmpre coa demanda existente dende hai anos na cidade.

O Concelleiro indicou que “se trata dunha obra moi iunteresante para a cidade xa que permitirá concentrar moita da actividade administrativa que rodea ó deporte na nosa cidade”.

O proxecto consiste na execución de 17 locais, unha sala de reunións para 60 persoas e outra con capacidade para 10-12 persoas, unha sala de servizos comúns que incluiría telefonía, reprografía… Toda construcción supón un total de 468 metros cadrados de instalación. O Concelleiro explicou que todos os locais contarán con coa instalación de liña telefónica e internet.

Este local foi ideado cando se construiu o polideportivo de Frigsa e xa conta coa infraestructura necesaria para cumplir coa accesibilidade e facilitar a participación.

Xa esta aberto o prazo para solicitar algún destes localis. A orde de preferencia será a seguinte:

- Federacións galegas con sede en Lugo

- Delegacións das federacións galegas

- Distintos Clubes da cidade que poidan estar interesados.

Díaz Grandio suliñou que con esta dotación o recinto de Frigsa convértese nun referente do deporte lucense con máis de 30.000 metros cadrados deportivos construídos.

Por outra banda,o Concelleiro indicou que con este proxecto “execútase o cen por cen das previsións presupuestarias que había nos orzamentos municipais para a Concellería de Deportes”. Todas as obras están xa executadas ou en marcha.

Noticias relacionadas